Axenda 21 - Redondela

A Axenda 21 é un plano de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sustentábel no século XXI, aprobado por 173 gobernos na Conferencia sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992.

A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas Entidades Locais que se basea na integración das políticas ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración e aplicación dun Plano de Acción Local.

Sumarse a esta iniciativa supón, xa que logo, o compromiso municipal de estimular o desenvolvemento de medidas encamiñadas a facer compatíbeis a conservación do medio co desenvolvemento social e económico do propio concello. Supón ademais facelo dun xeito estruturado e planificado o que implica unha actuación transversal coa participación d totalidade das áreas da Administración Local.

A Axenda 21 Local é un proceso aberto e creativo que cada concello define baseándose na súa realidade e condicionantes.

Documentación

DIAGNOSE

PREDIAGNOSE

SÍNTESE

PARTICIPACIÓN FINAL

PLAN ACCIÓN FINAL

SEGUIMENTO FINAL

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies