' ' Linea Verde Concello de Redondela

Pode filtrar as preguntas por categorías:

Cuestións de interese

O motivo da miña consulta sería onde tería que levar as baterías e os restos de pinturas e disolventes para reciclaxe

Actualmente o municipio non dispón dun punto limpo para depositar este tipo de residuos. Dado que tampouco hai distribuídos colectores específicos para a súa retirada, recomendámoslle que arios contacte directamente con URBASER para preguntarlles se eles se encargan da súa retirada. O teléfono é o 986 40 80 34 e o horario de atención ao público é de 10.00 a 13.00 horas.


Cales son os principais contaminantes na atmosfera?

Na atmosfera pódense encontrar multitude de substancias contaminantes. Normalmente diferéncianse polo tipo de fonte, denominándose contaminantes primarios a aqueles que se emiten tal cual da fonte, e secundarios aos que se forman na propia atmosfera a partir de reaccións químicas.

De forma habitual, a concentración de contaminantes no aire exprésase en unidades como os mg/m3 ou µg/m3 ou ás veces en partes por millón (ppm).

A continuación expóñense as principais substancias contaminantes, as súas fontes e algúns dos seus efectos.

Partículas en suspensión: son as partículas solidas ou liquidas que se encontran suspendidas no aire. Adóitase distinguir entre partículas finas (inferiores 1µm) e grosas (superiores a 1µm).

Dióxido de xofre SO2: emítese na combustión de petróleos e carbóns. Ten a característica de que en contacto co osixeno pode formar acido sulfúrico.

Óxidos de nitróxeno (NOx): trátase dunha serie de compostos (oxido nítrico, dióxido de nitróxeno e oxido nitroso que proceden, fundamentalmente, dos motores de combustión de vehículos, aínda que tamén hai emisións procedentes de fontes industriais. Poden provocar chuvia activa e ademais o oxido nitroso é un poderoso gas de efecto invernadoiro.

Monóxido de carbono (CO): prodúcese pola combustión de calquera tipo. A fonte principal son os tubos de escape dos vehículos a motor. Na atmosfera oxídase co osixeno e provoca o gas de efecto invernadoiro máis importante.

Ozono (O3): o ozono, que nas zonas altas da atmosfera forma unha capa que protexe das radiacións ultravioleta, é capas máis baixas constitúe un contaminante secundario que se forma mediante reaccións químicas a partir doutros compostos en presenza da luz solar.

Compostos orgánicos: é un grupo moi diversos, fálase de dúas categorías principais: contaminantes orgánicos semivolátiles (SOC) e contaminantes orgánicos volátiles (COV).

Metais pesados: considéranse como tales o arsénico, o cadmio, o cromo, o cobre o mercurio, o níquel, chumbo, selenio, vanadio e cinc. A maior parte deles van asociados a partículas finas, procedentes da combustión do carbón e en menor medida doutros combustibles. A súa principal característica é permanecer moito tempo no ecosistema sen degradarse.


Cales son as temperaturas recomendables tanto en inverno coma en verán para oficinas?

Segundo o Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética de España (E4) todos os edificios privados dedicados a uso administrativo docente, comercial, cultural, ocio, residencial público e de transporte de persoas, deben de limitarse aos valores seguintes:

Verán: Temperatura de 26ºC ou superior e humidade relativa entre 45 e 60%.

Inverno: Temperatura de 21ºC ou inferior e humidade relativa entre 45 e 50%.

Para conseguir estes valores esíxese realizar medidas para mellorar a eficiencia enerxética na climatización, como por exemplo que os edificios e locais con acceso dende a rúa dispoñan dun sistema de peche de portas que impidan que estas permanezan abertas permanentemente evitando así perdas enerxéticas.


Gustaríame saber onde debo depositar as pilas no municipio de Redondela.

Recolleranse selectivamente nos pequenos colectores amarelos distribuídos polo municipio. Non debe confundir estes colectores cos grandes amarelos que son para envases, cartóns e latas.

Quixera saber onde podo informarme do tempo que fará no tramo galego do Camiño Primitivo do Camiño de Santiago.

Na páxina web da Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia ten á súa disposición toda a información relativa ao tempo real de cada Camiño de Santiago.
Para iso deberá entrar no apartado "Predición" e dentro deste en "Camiños".

Especificamente o tempo que fai no Camiño Primitivo móstrollo no seguinte link:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/xacobeo/xacobeo4.action

Na parte da esquerda da pantalla poderá visualizar diferentes capas, estas son vistas ou parámetros de temperatura que ten o seu servizo para quitar ou engadir o mapa base

Teño unha pequena clínica veterinaria no municipio de Redondelae gustaríame saber se os residuos que xero na miña actividade os recolle o servizo municipal.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no seu Capítulo I sobre Disposicións Xerais comenta que:

“Queda rigorosamente prohibido utilizar o servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos para desfacerse de calquera outro tipo de residuos non mencionados no apartado anterior, especialmente os seguintes:

a) os residuos radioactivos
b) os residuos procedentes de actividades industriais.
c) os residuos resultantes da prospección, extracción, tratamento e almacenamento de recursos minerais e da explotación de canteiras.
d) as materias fecais e outras substancias naturais non perigosas das explotacións agrícolas e gandeiras que se utilicen exclusivamente no marco da explotación agraria.
e) os residuos xerados pola actividade especificamente sanitaria en hospitais, clínicas e ambulatorios.
f) os residuos xerados pola actividade veterinaria.
g) os efluentes líquidos vertidos ás augas continentais e ao mar.
h) os efluentes gaseosos emitidos á atmosfera”

Este tipo de residuos serán xestionados por entidades específicas. Para máis información sobre este tipo de residuos pode entrar na seguinte páxina sobre o Sistema de Información de residuos de Galicia:
http://sirga.cmati.xunta.es/residuos-sanitarios

¿Onde podo obter información sobre calidade das augas de Galicia?

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño en Galicia ten un apartado onde se poden obter datos sobre augas superficiais tomadas polas estacións océanos-meteorolóxicas situadas sobre diferentes puntos oceánicos das costas galegas. Pode visualizar os datos a través do seguinte enlace:


http://www.intecmar.org/Plataformas/Plataformas.aspx

Onde se poden ver os niveis de sal tanto no fondo oceánico como en superficie e a temperatura da auga a nivel superficial, de fondo e o aire lindante.
Tamén pode obter máis información sobre calidade da auga de Galicia, lexislación, planificación hidrolóxica, estado dos encoros, autorizacións e material referente á auga en Galicia no seguinte enlace:

http://augasdegalicia.xunta.es/es/Index.htm

Teño a dúbidas de que podo facer se na miña zona hai vehículos estacionados durante meses sen ningún movemento aos que lles faltan pezas, téñen as rodas baixas, producen residuos líquidos e sólidos etc

O responsable de executar un proceso de retirada dos devanditos vehículos abandonados é o Concello de Redondela.

Para tramitar a súa solicitude vostede pode optar por varias vías:

- Pode formular unha incidencia a través da páxina web de liña verde mediante a cal se xestionará de forma inmediata a súa solicitude por parte do responsable de medio. Para iso diríxase na páxina principal ao botón de "Comunicación de incidencias no equipamento".

- Pode así mesmo poñerse en contacto coa policía municipal e informar dos feitos para que tomen as medidas que crean convenientes. (TLF: 986 40 26 10)

- Ou ben encher un modelo de instancia xeral que lle achego nesta mensaxe e entregalo persoalmente no Concello a atención da consellaría de medio.

Como podo conseguir un certificado de Agricultura Ecolóxica de Galicia?

Para conseguir a certificación do CRAEGA, (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia), o operador debe estar inscrito no rexistro correspondente. Para formalizar esta inscrición, presentarase a preinscrición, xunto co xustificante de pagamento. Unha vez recibida a preinscrición, o CRAEGA enviará a documentación necesaria para a inscrición do operador, documentación consistente en:


. Normativa aplicable á produción ecolóxica
. Regulamento de Funcionamento do CRAEGA
. Solicitude de inscrición nos rexistros correspondentes (produción vexetal, animal, industrias elaboradoras e/ou comercializadoras), e un requirimento de documentación.


Recibida esta documentación no CRAEGA e verificando que sexa correcta, realízase unha visita de control, na que o técnico inspector levantará unha acta e redactará un informe, que se enviará ao Comité de Certificación xunto coa documentación requirida.


O Comité de Certificación emitirá un ditame e, no caso de ser favorable, formalizarase a inscrición nos rexistros do CRAEGA. A Certificación da produción será responsabilidade do Comité de Certificación e da Dirección Técnica.

Onde podo ver un listado de especies que forman parte da Enseada deSan Simón?

A Enseada de San Simón é un LIC, (Lugar de Importancia Comunitaria), e polo tanto forma parte da Rede Natura 2000. O ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio na súa sección "Biodiversidade", ofrece información actualizada sobre a Rede Natura2000, Rede Natura 2000 en España e por último Lugares de Importancia Comunitaria, (LIC), se selecciona esta categoría, Galicia ePontevedra, verá o LIC da Enseada de San Simón. Se pica sobre ela, verá unha ficha onde aparecerá un listado das especies que forman este lugar e polas cales foi denominado como figura especial.

Hai algún servizo de recollida de mobles en Redondela?


Para desfacerse de calquera residuo voluminoso como mobles ou electrodomésticos independentemente da súa composición hai que poñerse en contacto co xestor, que en Redondela é Urbaser mediante o seguinte número de teléfono: 986408034 que dirá o día e a localización na que pode depositar os seus residuos.

En que consiste o Plan de ordenación costeira? Cales son os seus obxectivos principais?

É un documento normativo establecido co obxectivo de protexer as costas de Galicia. O principio básico no que se fundamenta é en administrar os usos do territorio en función dos seus recursos naturais e antrópicos, é dicir, implantar os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona costeira, sobre a base de criterios de sostibilidade e durabilidade, así como as normas necesarias para garantir a conservación, protección e melloramento das zonas costeiras.


É o resultado dunha política activa no ámbito da sostibilidade e a paisaxe baixa un novo modelo territorial, que recoñece as peculiaridades e os elementos de identidade da costa galega.


Os obxectivos que persegue son o da creación dun medio sostible e creación dunha concienciación cidadá ambiental onde prime o respecto e solidariedade cultural e territorial. Concretamente, estes pódense definir en:


- Definición da costa, sen prexuízo da planificación.
- A realización de normas para a regulación do uso do chan, a regulación das actividades e o establecemento dos criterios xerais de protección do medio costeiro.
- Establecemento de normas para a protección e conservación dos recursos naturais da costa.
- Establecer un marco básico de referencia para a integración rexional das políticas e actividades de planificación, tendo en conta a sostibilidade dos recursos naturais da costa.
- Consideración da costa como unha entidade espacial claramente individual equipada cun alto valor paisaxístico.
- Definición dos ecosistemas costeiros, unidades xeomorfolóxicas e paisaxes naturais cuxas características xustifican a súa conservación e protección.

- Establecer directrices para a ordenación do territorio dos municipios costeiros da Comunidade Autónoma de Galicia. Fomentar a disposición a grande escala dos usos do chan dentro das diferentes categorías de normas que compoñen as diferentes unidades de paisaxe.
- Sentar as bases para o desenvolvemento dun Programa Coordinado de Acción da zona costeira e as accións propostas para a conservación e restauración do espazo costeiro.

o

Que estratexias se seguen na Xunta de Galicia para a protección do medio?

A xunta de Galicia puxo en marcha unha serie de estratexias para preservar e protexer a riqueza paisaxística da que goza o territorio. Consisten en accións destinadas á mellora, restauración ou rexeneración de paisaxes e ao fomento do uso sostible da terra.


Algúns dos instrumentos dispoñibles para levalas a cabo son de protección, planificación e xestión das paisaxes así como ferramentas de concienciación, educación e extensión paisaxe.


Para a planificación e xestión das paisaxes, elaboráronse mapas das distintas unidades paisaxísticas. O el pódense visualizar zonas delimitadas en función da topografía, o que permite distinguir claramente as diferentes áreas tales como montañas, chairas, vales e costas, o clima. Tamén se representan os diferentes usos da terra segundo os usos e graos de ocupación.


Tamén se elaboraron mapas das áreas turísticas máis importantes do territorio, interesantes dende o punto de vista socioeconómico e mesmo territorial, xa que se poden observar de forma concreta a súa ocupación.

Quixera saber a normativa de riscos de inundacións.

A directiva 2007/60/CE do 23 de outubro de 2007, relativa á avaliación e xestión dos riscos de inundación, establece un marco comunitario de política de augas, co obxectivo, entre outros, de mitigar os efectos das inundacións.
Esta directiva foi trasposta á xurisdición estatal, elaborándose o Real Decreto 903/2010. Do 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación.
Á súa vez, establécese un Plan Estatal de Protección Civil ante o risco de inundacións cuxo obxectivo é a organización e os procedementos de actuación necesarios para asegurar unha resposta eficaz en caso de risco de inundación.

Que é a lista europea de residuos?

É unha ferramenta de xestión que, mediante una sistema de lista única, especifica as substancias que poden ser residuo e cales deben ser consideradas residuos perigosos.
A lista está estructurada en 20 capítulos que se corresponden con outros tantos tipos de actividades xenéricas xeradoras de residuos. Cada capítulo, á súa vez, divídese en subcapítulos, que se corresponden con procesos xerais que poden darse na actividade. Para cada subcapítulo indícanse as substancias que poden ser residuo.

¿Que obrigas legais teño que cumplir se son propietario dun can?

Obrigas básicas do propietario dun can:• Cartilla sanitaria actualizada (vacinacións e desparasitacións).
• Implantación do microchip no can (a partir do 2 de xullo de 2003).
• Licencia municipal para tenza (só para potencialmente perigosos).
• Inscrición no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos (só para potencialmente perigosos).


Outras obrigas básicas:• Tratalos humanitariamente.
• Mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias.
• Adoptar medidas para que non lixen os espacios públicos, non causen molestias e non poñan en perigo ós que vivan no seu entorno.
• Censalos.
• Responsabilizarse dos danos e perdas que ocasionen, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria dos propietarios.
• Proporcionarlle a alimentación, a auga e os coidados que estean en consonancia coas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas do animal.
• Facilitarlle un aloxamento adecuado, cómodo e hixiénico.
• Non maltratalo.
• Non subministrarlles substancias que poidan ocasionarlles sofrimentos ou danos innecesarios, nin para aumenta-lo seu rendemento, salvo que se efectúe por prescrición facultativa.
• Non abandonalo.
• Adopta-las medidas necesarias para que o animal non poida acceder libremente ás vías e espacios públicos ou privados, así como impedi-lo seu libre acceso a persoas, animais ou cousas que se atopen neles.
• Procurarán que a circulación e transporte dos animais pola vía pública se leve a cabo coas adecuadas medidas de protección.
• Aloxarán ós animais en canceiras, cortes, cortellos e demais aloxamentos que reunirán os seguintes requisitos:
o Ser estancos con respecto ó medio exterior.
o Axeitadas condicións de ventilación e iluminación.
o Condicións hixiénicas adecuadas.
o Dimensións apropiadas que permitan a estadía cómoda do animal.
o Cerramentos que, sen danalos, eviten as fugas dos animais.
o Dispor dun espacio apropiado para o exercicio dos animais.
o Dispor de subministración de auga potable, dun sistema de auga a presión para a limpeza e dun sistema de evacuación de augas residuais.
o Se o propietario ten o animal en vivendas urbanas queda condicionado ás circunstancias hixiénicas óptimas do aloxamento, á ausencia de riscos no aspecto sanitario e á inexistencia de molestias para os veciños.


Prohibicións destinadas ós propietarios de animal:• Maltratar ou agredir físicamente ós animais ou sometelos a calquera outra práctica que lles supoña sufrimentos ou danos inxustificados.
• Abandonalos.
• O uso de mecanismos que, destinados a limitar ou impedi-la mobilidade dos animais, lles produzan danos ou sufrimentos innecesarios, en especial os que lles impidan mante-la cabeza na posición natural.
• Desatende-la alimentación do animal ou reducila a un nivel de simple subsistencia.
• Mantelos en condicións inadecuadas desde o punto de vista hixiénico-sanitario.
• Obrigalos a traballar ou a producir en caso de enfermidade, desnutrición, así como cando exista o risco dunha sobreexplotación que poña en perigo a súa saude.
• Subministrarlles substancias non permitidas coa finalidade de aumenta-lo seu rendemento ou producción.
• Mutilalos, excepto cando o supervise un facultativo competente en caso de necesidade ou para consegui-la presentación habitual da raza.
• Venderllos ou cederllos a laboratorios, clínicas e particulares co obxecto de seren utilizados en experimentación, sen a correspondente autorización.
• Venderllos ós menores de 16 anos e ós incapacitados, sen a autorización daqueles que teñan a potestade paterna ou custodia.
• Exerce-la venda ambulante de animais sen a correspondente autorización municipal, ou fóra dos lugares ou mercados indicados para isto.
• O sacrificio non eutanásico dos animais de compañía.
• A celebración de certames, concursos, exposicións ou concentración de animais sen a autorización previa da Consellería do Medio Rural e do Mar.
• A posesión, exhibición, compravenda, cesión, circulación, doazón ou calquera outra forma de transmisión de especies protexidas pola normativa vixente, incluidos os convenios internacionais, sen as correspondentes.
• A tenza de animais perigosos para o home sen dispor de recintos apropiados e a súa circulación en espacios públicos ou en locais abertos ó público sen as debidas garantías de seguridade.
• Calquera outra acción ou omisión tipificada como infracción polos artigos 20, 21 e 22 da Lei 1/1993.

¿Que debe facer vostede se atopa un animal vagabundo ou abandonado?

O Concello, é o encargado da recollida dos animais abandonados e do seu mantemento nun centro de recollida autorizado, respectando os prazos obrigatorios, conforme ó establecido na lexislación de referencia.
Os concellos cun baixo número de habitantes normalmente convenian o servicio de recollida cun concello veciño ou cunha sociedade protectora de animais.
Normalmente unha chamada á Policia Local pon en marcha o dispositivo de recollida e o traslado do animal a un centro de recollida autorizado e rexistrado, donde será mantido e posteriormente posto en adopción.

Que ten que facer o titular dun vehículo ó final da súa vida útil?

Ten dúas opcións:
• a) Entregalo nun CENTRO AUTORIZADO DE TRATAMENTO (desguace autorizado), onde lle facilitarán o certificado de destrución que acredita o final da vida útil do vehículo.
• b) Entregalo nunha INSTALACIÓN DE RECEPCIÓN (concesionarios, compañías de seguros, despezamentos, fragmentadores, entre outros, que por razón da súa actividade económica se fan cargo temporalmente do vehículo), onde lle facilitarán un certificado de entrega demostrativo da posta a disposición do vehículo para a súa descontaminación. A instalación de recepción achegará o vehículo a un centro autorizado de tratamento.


Para dar de baixa o vehículo no Rexistro de Vehículos, o titular deberá presentar na Xefatura Provincial de Tráfico onde se matriculou o vehículo, os seguintes documentos:
• Solicitude de baixa en impreso oficial cos datos e sinatura da persoa titular do vehículo.
• Documentos que sobre a identidade e representación dos interesados se especifican no apartado A), número 3, do Anexo XIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998.
• Orixinal do Permiso ou Licenza de circulación e orixinal da Tarxeta de Inspección Técnica ou Certificado de Características do vehículo.
• Orixinal e fotocopia do xustificante do pago do último recibo posto ao cobro, ou exención, do Imposto municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica, se o vehículo ten unha antigüidade inferior a quince anos.

O produtor de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos debe inscribirse no rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de galicia?

En xeral non, posto que os residuos de aparatos eléctricos e electrónicoss, a efectos administrativos, non teñen a consideración de residuos perigosos ata que chegan ás instalacións nas que se realizan as mostraxes e triaxes necesarias para caracterizar e clasificar os residuos. só no caso de que o produtor xere máis de 1000 toneladas ao ano destes residuos ten que inscribirse como produtor de residuos non perigosos no rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de galicia.

Cando se consideran perigosos os residuos de envases?

Os envases considerados como residuo, que conteñen restos de substancias perigosas ou que están contaminados por elas, réxense polos mesmos criterios que calquera outro residuo para determinar se son ou non perigosos. Os pasos que se deben seguir para isto serían:


• Caracterización inicial:


o 1. Identificar a/s substancia/s que contiña o envase (ver ficha de seguridade da substancia).
o 2. Identificar os riscos (características H) asociados ás ditas substancias.
o 3. Comprobar se a perigosidade das substancias corresponde a algunha das características H3 a H8, H10 e H11. Se fose o caso, determinarase a cantidade (peso) das substancias perigosas presentes no envase en relación ó peso total deste, para o que se realizará unha mostraxe representativa de toda unha partida de residuos correspondente ó envío. Os resultados remitiranse á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen aprobará a mostraxe e propoñerá as accións de comprobación que estime oportunas. Se a porcentaxe das substancias perigosas é superior ós valores indicados no apartado A do anexo 2 da Orde MAM, os envases deberanse xestionar como residuo perigoso.


o 4. Se a perigosidade das substancias corresponde a calquera das outras características de perigosidade (H1, H2, H9, H12 a H14), independentemente da cantidade de tales substancias, o residuo deberase xestionar como residuo perigoso.


• Probas de conformidade:


A súa función é comprobar periodicamente, en fluxos de residuos xerados con regularidade, que se cumpren os criterios da caracterización inicial.
A proba de conformidade deberase realizar polo menos unha vez ó ano.
En calquera caso, se os envases se xestionan mediante depósito en vertedoiro, aplicaranse os criterios e procedementos de admisión de residuos en vertedoiros segundo o establecido na Decisión do Consello do 19 de decembro de 2002.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies