Residuos - Redondela

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Máis información

A xestión dos residuos sólidos urbanos no Concello de Redondela

Xestión de Residuos

Xestión de Residuos

Guía para separar correctamente os redisuos domésticos- Parte1

Guía para separar correctamente os redisuos domésticos- Parte2

Contedores de Aceite

Contedores de Aceite

Ubicación dos colectores para a recollida de aceite vegetal usado de cocina

Recollida de Voluminosos e Electrodomésticos

Recollida de Voluminosos e Electrodomésticos

Baixo cita previa en Urbaser no tlf. 986 408 034, nos dirá cando e onde podemos depositalos.

Minipuntos Limpos

Os minipuntos limpos son espazos destinados á reciclaxe de obxectos que hai que reciclar por separado, debido a que poden ser moi contaminantes se non se tratan da maneira axeitada. Os obxectos que se poden reciclar nos puntos limpos son:

Cds, aparellso electrónicos pequenos, pilas e baterías, cartuchos de impresoras, teléfonos móbiles, bombillas

Minipuntos Limpos

En Redondela:

Rúa alfonso XII( fonte abanca)

Rúa Ernestina Otero( fonte a pizerria)

Rúa ribeira ( antes da farmacia)

Rúa Santa Mariña( donde esta o froiz)

En Chapela:

Avd. der redondela( centro de saúde)

Avd. de Chapela (onde abanca).

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies