Un virus "importado" ataca aos anfibios galegos

06/11/2014

Línea verde

info@lineaverdemunicipal.com

O Ranavirus, un virus que afecta a anfibios, réptiles epeixes, está invadindo o norte de España, danando as poboacións destes animais.Entre as zonas afectadas atópase a comunidade galega, lugar no que, segundo asanálises xenéticas realizadas, o virus é case idéntico ao que se propaga porAsturias. Este feito parece indicar que a introdución do virus nestes dous territorios é simultánea e que,ademais, estaría provocada polo home.

Os investigadores da Queen Mary University of London (QMUL),a University College London (UCL) e a Real Sociedade Zoolóxica de Londres(ZSL), liderados polo investigador Jaime Bosch, do Museo Nacional de CienciasNaturais (MNCN-CSIC), levan estudando durante varios anos os efectos doRanavirus, o cal entre o 2005 e o 2014 fixo que polo menos seis especies deanfibios do Parque Nacional dos Picos de Europa, en Asturias, morreran ousufriran as súa consecuencias. Ademais, no 2010 rexistraron un novo brote napresa do Pontillón, en Galicia, a cal se sitúa a 200 km deste parque.

 Un virus perigoso

O problemafundamental co que se atopan os científicos é o perigo que supón para oecosistema este virus, xa que nun principio este só afectaba as poboacións dera común en Inglaterra. Porén, agora está danando tamén outras especies deanfibios, coma o sapo común (Bufo bufo), o sapo parteiro (Alytes obstetricans)e o tritón alpino (Mesotriton alpestris). Ademais, os investigadores detectarono caso dunha serpe contaxiada por alimentarse con anfibios infectados con estevirus. Así pois, este patóxeno é capaz de infectar a distintos hóspedes, poloque o feito de investigalo ofrece a oportunidade e comprender como os viruspoden chegar a cruzar as barreiras entre especies.

Por este motivo, é importante saber cal é a orixe e amaneira de actuar destes virus para poder frealos ou intentar limitar o seuimpacto nos anfibios xa que, grazas á súa capacidade para saltar dunhasespecies a outras e de superar as barreiras inmunolóxicas dos novos hóspedes,poden provocar enfermidades zoonóticas (as que se transmiten dende animais ahumanos). Neste sentido, o investigador Jaime Bosch afirma que "unha dasmaiores ameazas para a biodiversidade é o aumento das enfermidades infecciosasque afectan a varias especies á vez", razón pola cal cómpre "entendermáis sobre a ecoloxía e a epidemioloxía dos virus con múltiples hóspedes, parapoder chegar a saber o motivo polo cal estes patóxenos son tan efectivos e porque as súas repercusións son tan severas nun amplo rango de especies".

 

wives cheat link cheat on husband

gestionambiental.com

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies