Medio Ambiente subliña a importancia da cooperación cos concellos para acadar unha maior eficiencia na xestión dos residuos

09/05/2018

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático inaugurou esta mañá unha xornada organizada pola Fegamp para persoal municipal co fin de analizar a xestión da fracción orgánica dos residuos

María Cruz Ferreira lembra que os chamados biorresiduos representan case a metade dos desperdicios que xestionan as entidades locais

Durante a xornada tamén interviu o presidente de Sogama, Javier Domínguez, quen resaltou o papel do complexo medioambiental de Cerceda para superar o anterior modelo na que a maioría dos residuos acababa en vertedoiros

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, subliñou esta mañá a importancia da cooperación entre a Xunta e os concellos para lograr unha correcta e eficiente xestión dos residuos municipais e avanzar cara a implantación en Galicia dun modelo de economía circular.

Durante a inauguración da xornada FORSU: Retos e oportunidades, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para tratar a xestión da fracción orgánica nos concellos, Ferreira Costa lembrou que os chamados biorresiduos representan a maior parte dos desperdicios municipais, concretamente o 42%, motivo polo que merecen unha atención especial.

Así, dentro das accións previstas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para mellorar a xestión dos residuos, a directora xeral explicou que este ano está prevista a compra de preto de 3.000 contedores para a recollida de biorresiduos de orixe doméstica que estarán á disposición dos concellos.

Na mesma liña, Ferreira Costa tamén se referiu ás campañas de sensibilización impulsadas para lograr a implicación cidadá na separación de residuos e garantir o éxito da recollida selectiva dos biorresiduos e, particularmente, a redución dos desperdicios alimentarios, así como á posta en marcha dunha novidosa rede galega para a reutilización e reparación de todo tipo de residuos na que a Xunta espera contar coa colaboración de concellos, establecementos comerciais, entidades sociais e poboación en xeral.

Todos estes esforzos, tal e como explicou Ferreira Costa, enmárcanse na liña da futura Estratexia de Economía Circular de Galicia 2018-2030, unha folla de ruta que estará lista a finais deste ano co obxectivo de situar á comunidade autónoma na vangarda dun novo modelo económico no que os residuos se convertan de novo en recursos.

Xunta de Galicia

Campaña Cans de Compaña

Actualidade ambiental

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies