A temperatura media do inverno galego acadou un valor de 8.1ºC

20/03/2018

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, presentou esta mañá o balance climatolóxico correspondente a esta estación, que, en termos xerais, foi húmida e normal en canto á temperatura.

En relación coas chuvias, indicou que entre decembro de 2017 e febreiro de 2018 a porcentaxe de precipitación situouse un 19% por riba do normal para esta estación do ano.

Os valores máis altos de precipitación media acumulada neste inverno rexistráronse na Comarca do Condado e no sur da provincia de Pontevedra, con valores por riba dos 1.200 L/m2; situándose no extremo oposto as localidades de Verín ou a comarca de Valdeorras, con preto de 200 L/m2

O inverno galego péchase cunha temperatura media cun valor de 8.1ºC, que deixa unha anomalía de -0.4ºC; e que se pode considerar normal para esta época. Así o confirmou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, que hoxe presentou en rolda de prensa o balance climatolóxico correspondente á estación, que foi definida como moi húmida e normal, en canto á temperatura.

Neste senso, a responsable de Calidade Ambiental e Cambio Climático indicou que a estación de inverno -en canto as temperaturas máximas- foi fría, cunha anomalía de -0.6 ºC; mentres que as temperaturas mínimas foron normais para a época do ano. O inverno comezou cun mes de decembro no que as temperaturas foron lixeiramente frías, pero non estiveron moi afastadas dos valores normais do período de referencia 1981-2010; e o mes de xaneiro resultou lixeiramente cálido, principalmente debido a un certo predominio das situacións de suroeste.

Finalmente, o segundo mes do ano caracterizouse polo predominio das situacións de compoñente norte -nos primeiros días- e a ausencia de situacións de ventos de suroeste, o que provocou que as temperaturas fosen moi baixas para un mes de febreiro. Á vista dos datos recollidos polas diferentes estacións meteorolóxicas da Rede de MeteoGalicia, febreiro resultou ser o mes máis frío dos últimos 12 anos.

Nas zonas da alta montaña ourensá, como Cabeza de Manzaneda ou Pena Trevinca, acadáronse os valores máis baixos de temperatura; mentres que no litoral -principalmente na Ría de Vigo, Costa da Morte e A Coruña- acadáronse valores de máis de 10 ºC. Nas zonas con menor influencia marítima e de interior os valores medios de temperatura movéronse entre os 1 ºC e os 6 ºC.

Precipitacións

Tendo en conta as precipitacións rexistradas, o inverno pode considerarse húmido, cunha porcentaxe de precipitación dun 19% por encima do normal para esta estación do ano. O paso de borrascas con nome propio, como Ana ou Bruno, que deixaron moita precipitación fixeron que decembro acabara como o mes máis chuvioso do ano 2017.

Asemade, xaneiro tivo un comportamento típicamente invernal, caracterizado polo achegamento sucesivo de borrascas que circularon polo Atlántico norte; pero tendo en conta o cómputo global da Comunidade, a precipitación estivo un 7% por debaixo do normal para este mes. Destacan as comarcas da Terra Chá e do Eume, onde choveu máis do dobre do esperado e tamén é salientable o número de días de chuvia rexistrados na comarca de Ferrol, que acadou ata 25 días.

En relación ao mes de febreiro, a distribución da precipitación sufriu un gran contraste; pois mentres nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra as precipitacións estiveron moi por riba da media, na provincia de Ourense os rexistros quedaron incluso por debaixo da media climática.

En definitiva, a precipitación total acumulada no inverno 2017-2018 deixou os valores máis altos na Comarca do Condado e do sur da de Pontevedra, con valores por riba dos 1.200 L/m2; mentres que os máis baixos rexistráronse na provincia de Ourense, onde -en localidades coma Verín ou a Comarca de Valdeorras- os valores estiveron entorno aos 200 L/m2. O valor medio de precipitación para o conxunto de Galicia foi de 573 L/m2.

Xunta de Galicia

Campaña Cans de Compaña

Actualidade ambiental

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies