Preto de 10.000 agricultores beneficiaranse do pagamento das axudas directas da PAC por un importe de máis de 4 millóns de euros

07/07/2014

Línea Verde

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), transferirá nos vindeiros días máis de 4 millóns de euros a preto de 10.000 agricultores da nosa Comunidade Autónoma, en concepto de axudas directas da Política Agrícola Comunitaria (PAC) que se tramitaron a través da solicitude unificada do ano 2013.

Entre os importes que se repartirán destacan as axudas destinadas ás explotacións de vacún de leite que comercialicen a súa produción a través dun sistema de calidade do leite recoñecido. Neste sentido, 3.781 produtores recibirán achegas por máis de 2 millóns de euros para a mellora da calidade do leite e os produtos lácteos de bovino.

Ademais, tamén recibirán pagamentos, 4.776 solicitantes das axudas para a mellora da calidade da carne de vacún. Esta subvención, que repartirá 700.000 euros, busca incentivar a mellora da calidade e a comercialización da carne de vacún.

O importe restante, máis de 1 millón de euros, corresponde a beneficiarios de diferentes axudas directas que ata o momento non tiñan completas as súas solicitudes.


 

tracking apps for android free sms spy free free android spy software

Campaña Cans de Compaña

Actualidade ambiental

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies