Rede Eléctrica empeza a publicar os novos prezos horarios da electricidade

17/09/2014

Línea Verde

Rede Eléctrica de España, como operador do sistema eléctrico español, é responsable de calcular e publicar os novos Prezos Voluntarios para o Pequeno Consumidor. Para iso, desenvolveu un servizo de información a través do cal o pequeno consumidor pode coñecer o prezo da enerxía eléctrica que se lle aplicará, de acordo co Real Decreto 216/2014 publicado no BOE do 29 de marzo e que entra en vigor hoxe.

Os prezos que o operador do sistema publica a través do servizo "Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor" (PVPC) só aplicaranse a aqueles consumidores cunha potencia contratada non superior a 10 kilowatios (kW). Estes prezos actuarán sobre o termo variable de enerxía da súa factura (a cantidade de kWh consumidos), que o operador do sistema calcula segundo a nova metodoloxía aprobada.


O "Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor", que está dispoñible tanto a través da web do sistema de información do operador do sistema ("eSios") de Rede Eléctrica como da aplicación "SmartVIu" do Apple Store para smartphones, actualizarase cada día en torno ás 20:15 horas cos prezos horarios para o día seguinte.


Campaña Cans de Compaña

Novas

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies