A Terra está en grave perigo coa actual tendencia de emisións

08/09/2014

Línea Verde

O novo informe do Panel Intergobernamental de cambio climático daONU, é a proba máis clara e completa ata agora de que a Terra, o noso único fogar, non está preparada para asumir os riscos do cambio climático.
O informe pon sobre a mesa, con maior crueza que nunca, datos que demostran que o cambio climático é real, está a suceder agora e que está a afectar ás vidas e ao sustento das persoas, así como aos ecosistemas que manteñen a vida no noso planeta.
Este é o segundo dunha serie de catro informes preparados polas autoridades do clima máis destacadas do mundo no Panel Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC). Nel avalíanse os impactos e a vulnerabilidade dos sistemas humanos e naturais, os impactos xa observados e os riscos futuros do cambio climático, así como as posibilidades e os límites que existen para a adaptación a este fenómeno.

Segundo Samantha Smith, líder da Iniciativa Global de WWF sobre Clima e Enerxía, o informe destaca, por primeira vez, a enorme diferenza que supoñería para a humanidade actuar agora para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, fronte a un escenario no que non actuemos con rapidez e na escala necesaria.

A pesar das advertencias dadas polo IPCC nos seus informes dos últimos 20 anos, reforzadas pola publicación do informe de onte, a brecha entre o que di a ciencia e o que os gobernos están a facer segue sendo enorme, dixo Sandeep Chamling Rai, xefe da delegación de WWF na reunións.

E as análises rexionais, dada a profundidade do informe, ensínannos cun enorme grao de certeza como serán os impactos nas rexións clave do mundo.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies