18/02/2018
Línea Verde
info@lineaverdemunicipal.com
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, representará a Galicia nos actos conmemorativos cos que a Unión Europea quere celebrar que o chamado Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía cumpre dez anos. O evento terá lugar en Bruxelas os días 21 e 22 de febreiro e todos os municipios e rexións que forman parte del están invitados a participar no acto.
Cómpre lembrar que o Pacto de Alcaldes é unha iniciativa que agrupa a autoridades locais e rexionais co compromiso voluntario de aplicar nos seus territorios os obxectivos climáticos e enerxéticos da Unión Europea.
Desde a súa posta en marcha no ano 2008, máis de 9.200 autoridades locais téñense sumado ao proxecto e traballan xuntas por alcanzar unha serie de obxectivos comúns en materia medioambiental. Segundo as estimacións do propio grupo, no ano 2020 os municipios que o integran terán reducido as súas emisións de CO2 un promedio dun 27% e o consumo de enerxía nun 20%, e verán incrementada a súa produción enerxética nun 90%.
O encontro da próxima semana en Bruxelas servirá, ademais, para facer balance dos logros alcanzados en materia medioambiental nestes dez anos de Pacto dos Alcaldes, e discutir sobre os desafíos comúns que teñen por diante os seus membros en materia de investimentos por realizar, cooperación multinivel e mobilidade. Tamén será unha ocasión para poder reunirse co recentemente creado Consello Político do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía da UE.
Así mesmo, a conselleira de Medio Ambiente aproveitará a súa presenza en Bruxelas para manter dúas reunións de traballo co comisario europeo de Acción polo Clima e Enerxía, Miguel Arias Cañete, e co director xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Daniel Calleja.
Desde o pasado mes de decembro, a Xunta de Galicia está acreditada pola Unión Europea como coordinadora do Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía na comunidade autónoma, asumindo así un papel de apoio aos concellos e poñendo á súa disposición os seus coñecementos do marco regulador, lexislativo e económico en materia de loita contra o cambio climático.
Xunta de Galicia
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies